INICIO SERVIZO X.E.R. | ORDENANZAS | INFORMACION DE INTERESE | DORNIER S.A.

A certificación AENOR avala o noso servizo.
 
Dornier S.A., especializada na xestión de estacionamentos na vía pública desde hai máis de quince anos, é a empresa referente neste sector sendo, ademais, a que xestiona un maior número de prazas de aparcadoiro e está presente en máis cidades.

Na súa preocupación constante por ofrecer o mellor servizo, Dornier S.A. desenvolveu todas as actividades necesarias para levar a cabo unha xestión óptima e completa do estacionamento de vehículos en calquera contorna.

O principal valor de Dornier S.A. céntrase en ofrecer un servizo de calidade aos nosos clientes; obxectivo que se alcanza apoiándonos no noso equipo de profesionais, no noso nivel tecnolóxico e no noso afán de superación. Todo iso corroborado pola certificación de AENOR. Cremos firmemente que o noso importante capital humano e a constante orientación ao cliente son algunhas das claves que nos situaron como a principal compañía do sector.

O respecto ao medio e a protección dos nosos recursos naturais é outro principio fundamental da nosa actividade. A utilización de equipos reciclables e o emprego de enerxías non contaminantes axúdannos a desenvolver o noso traballo desde o respecto á contorna ambiental.

(+) Web de Dornier S.A..

Envianos tus sugerencias   Teléfono de atención ao público: 900 10 23 75  
http://hoxe.vigo.org/