XER

En Vigo ponémoscho fácil para aparcar

O estacionamiento regulado na vía pública en Vigo é unha solución de mobilidade urbana, a súa finalidade é facilitar unha mellor circulación dos vehículos e compartir as prazas de aparcamento dispoñibles entre o maior número de visitantes posibles.

Atención ao público

Correo electrónico

xervigo@empark.com

Teléfono

+34 900 10 23 75

Oficina de "Xestión do Servizo"

Rua do Pracer nº 27 Bajo, 36202 - Vigo (Pontevedra)

Estacionamento regulado en Vigo

O Concello de Vigo constitúe a cabeceira urbana do sur de Galicia. É o núcleo dunha ampla área socioeconómica que se extende dende a península do Morrazo ata a fronteira lusa. Conta ademáis cunha das sete zonas francas que posúe o estado español, xestionada por un consorcio no que participan os principais organismos públicos da cidade.

O servizo de estacionamento regulado na vía pública forma parte fundamental dos servizos municipais que axudan a mellorar a mobilidade da cidade. O servizo implántase nas rúas da cidade onde a necesidade de compartir o uso das escasas e limitadas prazas é maior, tal e como ocorre na zona centro desta cidade. Deste modo preténdese dar solución á necesidade dos comercios de dispoñer de zonas libres para os seus clientes. Ademáis racionalízase o estacionamento en lugares onde hai moita demanda e evita os atascos, acortando o tempo de espera para atopar aparcamento, beneficiando sobre todo ós residentes da zona XER e axuda a diminuir a contaminación..

Como utilizar o estacionamento regulado?

  • Se non é Ude. Residente autorizado na zona onde vai estacionar

1º- Estacione o seu vehículo na zona regulada e comprobé que ocupa una soa praza.

a)- Obteña o seu tique a través da app TELPARK. Elixa opción AZUL ZONA (máximo 2 h.). Con Telpark o tique é virtual, polo que non é necesario deixar nada no interior do seu vehículo. Ademáis  dende a aplicación poderá axustar realmente o tempo de estacionamento ó importe aboado. Dende a app tamén poderá ampliar o tempo do tique se o desexa ata un máximo de dúas horas. Recorde que con Telpark pode terminar o tique en calquera momento e a aplicación só lle cobrará polo tempo que realmente estacionou. É a nosa contribución a frear as consecuencias do efecto invernadoiro e o cambio climático, que para o noso planeta son catastróficas.

   b)- Diríxase ó parquímetro máis próximo e obteña un tique polo tempo que desexe estacionar. Verifique que puxo correctamentae a súa matrícula no tique. Se a matrícula está correcta non é necesario que deixe o seu tique no interior do seu vehículo, pódeo levar. Pero se queda máis tranquilo pode deixalo no interior do seu vehículo, non pasa nada. Recorde que os parquímetros non admiten billetes, só moedas e non devolven troco. Ademáis de moedas no parquímetro pode pagar con tarxetas bancarias e PassVIgo.

   c)- No parquímetro tamén poderá realizar a anulación electrónica da denuncia, por carecer de tique, sobrepasar o tempo autorizado de estacionamento e estacionar por espazo superior ás dúas horas manténdose estacionado na mesma rúa. Unha vez introducido o código de anulación, e aboado o importe, sairalle o xustificante de anulación. Recomendámoslle que o garde un tempo xunto co boletín do aviso de denuncia. Ante calquera dúbida, por favor, diríxase ós nosos controladores, contacte con nós no número de teléfono 900102375 ou diríxase ás nosas oficinas na Rúa Pracer 27, baixo.

3º- Retire o seu vehículo una vez transcorrido o tempo límite autorizado.

 

  • Se é Ude. Residente autorizado na zona onde vai estacionar

1º- Estacione o seu vehículo na zona azul regulada e comprobé que ocupa una soa praza.

a)- Obteña o seu tique a través da app Telpark. Como residente autorizado non ten tempo límite de estacionamento. Vde. pode obter tique por un espazo que vai dende as dúas horas ata varios días. Recorde que con Telpark pode terminar o tique en calquera momento e a aplicación só lle cobrará polo tempo que realmente estacionou. Dende a app tamén pode ampliar o tempo do tique se así o desexa.

   b)- Diríxase ó parquímetro máis próximo, sempre na súa área de residente. Elixa a opción “Residente”, introduza a súa matrícula e o expendedor activará a tarifa de residente. Elixa a forma de pagamento. Recorde que os parquímetros non admiten billetes, só moedas e non devolven troco. Ademáis de moedas no parquímetro pódese pagar con tarxetas bancarias e PassVigo.e

   c)- No parquímetro tamén poderá realizar a anulación electrónica da denuincia por carecer de tique e sobrepasar o tempo autorizado de estacionamento. Unha vez introducido o código de anulación e aboado o importe, sairalle o xustificante de anulación. Recomendámoslle que o garde un tempo xunto co boletín do aviso de denuncia. Ante calquera dúbida, por favor, diríxase ós nosos controladores, contacte con nós no número de teléfono 900102375, ou diríxase ás nosas oficinas na Rúa Pracer 27, baixo.

3º- Retire o seu vehículo una vez transcorrido o tempo do seu tique se non desexa amplialo.

Requisitos para Residentes

A obtención de autorización de distintivo de residentes solicítase no rexistro do Concello ou a través de páxina web www.vigo.org.

Os requisitos para solicitalos son:

VEHICULO EN PROPIEDADE

  • DNI, tarxeta de residencia ou pasaporte do titular do vehículo.
  • Carnet de conducir do titular do vehículo.
  • Permiso de circulación e da tarxeta de inspección técnica do vehículo (o enderezo debe de coincidir co enderezo do empadroamento, que á súa vez ten que estar incluído dentro das rúas afectadas pola ordenanza municiapal que regula o servizo).
  • Recibo do seguro do vehículo (en vigor).

VEHICULO ALUGADO (LEASING OU RENTING)

  • DNI, tarxeta de  residencia  ou pasaporte do interesado.
  • Carnet de conducir do interesado.
  • Contrato de leasing ou renting.
  • Póliza do seguro do vehículo na  que debe figurar o interesado como condutor  habitual e o derradeiro recibo en vigor.

VEHICULO DE EMPRESA

  • DNI, tarxeta de residencia  ou pasaporte do interesado.
  • Carnet de conducir do interesado.
  • Documento extendido pola empresa no que acredite que o solicitante é o único usuario do vehículo, que está autorizado á súa utilización  fóra da xornada laboral e que dito vehículo tributa como retribución en especie a efectos do IRPF do solicitante.
  • Póliza do seguro do vehículo na  que debe figurar o interesado como condutor  habitual e o derradeiro recibo en vigor.

Información

Zona azul

Horario

  • De luns a venres de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas.
  • Sábados, domingos e festivos sen servizo

Tarifas

  • 33 minutos (mínimo): 0,30 €
  • De 33 min a 62 min: 0,60 €
  • De 62 min a 90 min: 1,00 €
  • De 90 min a 120 min (máximo): 1,45 €

Consulta as zonas de estacionamento reguladas

Plano Xeral de Vigo

Actualidade

10/12/2019

Instalan nuevos parquímetros de la XER

La concesionaria del servicio de aparcamiento regulado en zona azul, DORNIER, está instalando estos días los nuevos parquímetros, que permitirán pagar desde el móvil con Telpark sin tener que volver al coche a cambiar el ticket. Además, el tiempo máximo para aparcar en la zona azul de Vigo se amplía de 2 a 4 horas

Ver más...

09/04/2015

Telpark elegida como mejor App de movilidad de España 2015

La aplicación para el Smartphone Telpark que gestiona el pago del estacionamiento regulado en la vía pública  de nuestra ciudad, ha sido premiada por los lectores del diario EXPANSIÓN como una de las 5 mejores apps en España.  La elección final fue realizada por votación popular entre una selección de más de 450 candidaturas previas de distintas categorías.

Ver más...

09/04/2015

Empark lanza la nueva versión de Telpark, la aplicación de pago por móvil

EMPARK, empresa líder de gestión de aparcamientos en España y Portugal, en colaboración con la compañía Maksu Services España, acaba de lanzar al mercado una actualización de su nueva aplicación Telpark de pago por móvil del estacionamiento regulado para su uso en las más de 60 ciudades que gestiona en toda la Península Ibérica.

Ver más...

Aparca e vai

Escanea o código co teu móbil para descargar a aplicación