Solicitude de Distintivo de Residente en Zona XER para Vehículo en Propiedade
O estacionamento de vehículos de tracción mecánica, en horario de 9 a 14 horas, e de 16 a 20 horas, de luns a venres agás festivos, nas vías do municipio incluídas no ámbito de aplicación da "Ordenanza Reguladora do Servizo de Aparcamento de Vehículos na Vía Pública", suporá o pago dunha taxa mediante máquinas expedidoras de tikets na Cidade de Vigo.
Mediante esta tarxeta os usuarios residentes neste tipo de vías beneficiaranse de prezos reducidos establecidos na correspondente normativa fiscal en vigor.
Para obter o distintivo de residente en zona XER debe cumprir estes requisitos
- Ser persoa física
- Estar empadroado dentro da zona X.E.R.
- Estar ao corrente de pago do imposto de vehículos de tracción mecánica no Concello ou disfrutar de exención.
A obtención de autorización de distintivo de residentes solicítase no rexistro do Concello ou a través da páxina web www.vigo.org.
Os requisitos para solicitalo son
VEHICULO EN PROPIEDADE
- DNI, tarxeta de residencia ou pasaporte do titular do vehículo.
- Carnet de conducir do titular do vehículo.
- Permiso de circulación e da tarxeta de inspección técnica do vehículo (o enderezo debe de coincidir co enderezo de empadroamento, que á súa vez ten que estar incluído dentro das rúas afectadas pola ordenanza municipal que regula o servizo).
- Recibo do seguro do vehículo (en vigor).
VEHICULO ALUGADO (LEASING OU RENTING)
- DNI, tarxeta de residencia ou pasaporte do interesado.
- Carnet de conducir do interesado.
- Contrato de leasing ou renting.
- Póliza do seguro do vehículo na que debe figurar o interesado como condutor habitual e o derradeiro recibo en vigor.
VEHICULO DE EMPRESA
- DNI, tarxeta de residencia ou pasaporte do interesado.
- Carnet de conducir do interesado.
- Documento extendido pola empresa no que acredite que o solicitante é o único usuario do vehículo, que está autorizado á súa utilización fóra da xornada laboral, e que dito vehículo tributa como retribución en especie a efectos do IRPF do solicitante.
- Póliza do seguro do vehículo na que debe figurar o interesado como condutor habitual e o derradeiro recibo en vigor.