Información
Vigo pon ó servizo dos seus vecinos e cidadáns un parquímetro que:
- Permite aboar a taxa municipal con moedas e mediante tarxeta bancaria ou a través da aplicación TELPARK. Recorde que os parquímetros non admiten billetes, só moedas e non devolven troco. O parquímetro solicitará a matrícula do vehículo ó obter o tique.
- No parquímetro tamén poderá realizar a anulación electrónica da denuncia, por carecer de tique, sobrepasar o tempo autorizado de estacionamneto ou estacionar por espazo superior ás dúas horas manténdose estacionado na mesma rúa. Unha vez introducido o código de anulación recomendámoslle que o garde un tempo xunto co boletín do aviso da denuncia. Ante calquera dúbída, por favor, diríxase ós nosos controladores, contacte con nós no número de teléfono 900102375 ou diríxase ás nosas oficinas na Rúa Pracer 27, baixo.
Funcionamento
Poderá pagar o seu estacionamento en 3 sinxelos pasos:
- Introduza o importe segundo o tempo de estacionamento desexado ou tarifa. Recorde que os parquímetros non devolven troco, pero cos novos modelos de parquímetros tamén poderá efectuar o seu pagamento mediante tarxeta bancaria.
- Se realiza o pagamento nos novos parquímetros, deberá introducir obrigatoriamente a matrícula do seu vehiculo
- Se a matrícula está correcta non é necesario que deixe o seu tique no interior do seu vehículo, pode levalo. Pero se queda máis tranquilo pode deixalo no interior do seu vehículo, non pasa nada.
Anular denuncia
Se o seu vehículo foi denunciado en zona azul poderá anular a denuncia en expendedor de tiques ou no seu móbil, mediante a aplicación Telpark nos seguintes supostos:
- Anulación de denuncia, no caso que a duración do aparcamento excedese a sinalada no tique nun máximo de 1 hora. 2,55€.
- Anulación de denuncia, no caso que o estacionamento supere as dúas horas de aparcamento na mesma rúa e sempre que o pagamento realícese no prazo máximo dunha hora dende a formulación da denuncia. 5,05€.
- Anulación de denuncia, no caso de estacionamento sen tique e sempre que o pagamento realícese no prazo máximo dunha hora dende a formulación da denuncia. 7,30€.
